1981 PARLAMENTO GALEGO

20061008230947-aniversario-parlamento-galego.jpg

Este ano tamén conmemora o seu 25 aniversario o Parlamento Galego. Dolores Vilariño danos a benvida:

 

O Parlamento de Galicia conmemora 25 anos de vida, un cuarto de século de traballo e representación da sociedade. Esta é unha boa ocasión para lle achegar a institución á cidadanía, para conseguir un nexo entre o parlamento e a sociedade; unha boa ocasión para converter o parlamento nunha fábrica de valores cívicos.

A miúdo, o aniversario das institucións acábase convertendo nun acontecemento que carece de interese para a cidadanía. Un acontecemento que se basea na produción de libros, documentos e eventos de carácter historicista non atende as demandas desa cidadanía. Daquela, este tipo de celebracións vén reclamando novos modos que contribúan ao interese e participación dos cidadáns.

A celebración dos 25 anos do Parlamento é unha boa oportunidade para lle propor á sociedade , aos cidadáns e aos propios representantes políticos un valor, un concepto-forza que una o pobo coas institucións e que convirta este aniversario nun servizo público de calidade democrática. Este valor, xunto con toda unha campaña de accións , contribuirán a converter o Parlamento de Galicia nunha institución viva.

O DIÁLOGO é o concepto clave da celebración. O DIÁLOGO implica compromiso, respecto, confianza, aprecio e esperanza entre os seus participantes. O DIÁLOGO é unha ferramenta clave no progreso e desenvolvemento dos pobos.

Convirtamos a celebración dos 25 primeiros anos do Parlamento de Galicia nun grande acontecemento colectivo que reforce un dos valores máis prezados e desexados pola cidadanía: O DIÁLOGO .

08/10/2006 23:26

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]