Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2006.
02/11/2006
25 ANOS DO PC DE IBM
No 81 IBM lanzou o seu primeiro PC. Aquí podemos atopar os recordos dunha serie de persoas con respecto a este lanzamento. Os primeiros pasos que nos permiten manter fácilmente, entre outros, este blog.05/11/2006
25 ANOS DIMINUÍNDO DIFERENZAS: "AYUDA EN ACCIÓN"

En 2006, Axuda en Acción conmemora os 25 anos de traballo coas comunidades máis desfavorecidas reafirmando a súa aposta por diminuír as diferenzas entre as persoas do Norte e o Sur a través do vínculo representado pola figura do apadrinamiento.
07/11/2006
OBRADOIRO DE CLOWN

Xa se celebrou o obradoiro de clown con gran éxito de participación. Para finalizar realizouse unha función ao a que asistiu bastante xente que o pasou moi ben. Mostra da función final son as imaxes que se expoñen a continuación.
PROXECTO
O 30 de setembro publiquei neste blog unha referencia a un proxecto que comezaba a andar no I.E.S. A Sangriña de A Guarda co nome de ABRINDO FRONTEIRAS. O que nesas datas era prácticamente un esquema de traballo foise convertendo co paso do tempo nun proxecto que se realizará desde un grupo de traballo ou desde dentro do plan Valora. Para velo pincha aquí .O que está asegurada é a participación de profesores e alumnos dos dous países.
Seguiremos informando...
16/11/2006
OUTRA FORMA DE VELO
Se vos fixades detidamente na foto , veredes que a palabra 25anosnasangrina está escrita con edificios reais que se atopan en diferentes partes do mundo.Para ver onde se atopan pincha no seguinte enlace .
SAÍDA Á VALGA Á PROCURA DE COGOMELOS
Dentro das actividades previstas para a celebración do 25 aniversario do Instituto realizouse unha saída ao monte para buscar cogumelos. Marisa Guerra envíame a seguinte información:
O día 7 de novembro fomos recoller cogomelos á valga un grupo de profesores e alumnos. Seguindo as indicacións dos nosos especialistas: Víctor Gómez, Manuel Vidal, Juan Hermida e María José Dacosta puidemos observar curiosísimos e variados cogomelos ademais de fermosas paisaxes; un impresionante ceo de outono que nos regalou un arco da vella como fondo da nosa foto de grupo. Tamén tivemos a sorte de coñecer e aprender “cousas da vida” do Trinta, cabaqueiro do Rosal, que nos acompañou nesta ocasión. Viñemos ben contentiños.
Logo os especialistas expuxeron os nosos achados con moita arte. Quedounos pena de non organizar unha actividade de cociña de cogomelos. En fin, a próxima vez será.
19/11/2006
1981-2006 TAMÉN CUMPRE 25 ANOS SAN XEROME EMILIANI

Algúns anos antes de 1981 xa se comezaron as primeiras actuacións necesarias para que San Xeróme Emiliani dese os seus primeiros pasos reais. Nos anos 77, 78, 79 e 80 aprobáronse os estatutos da Asociación, noméase Presidente, etc., ata que o 1 de febreiro de 1981 inícianse as actividades da Asociación.
A partir de aí, todo traballo, ata chegar ao que hoxe é SAN XEROME EMILIANI .
O martes 14 de novembro do presente ano celebrouse un partido de futbol (e algo máis) co que puidemos ver que o proxecto de integración funciona moi ben.
Chégame esta nota de Carlos González Blanco:
TORNEO 25 ANIVERSARIO IES-SAN XEROME: GANAMOS TODOS/AS!
O pasado martes dia 14 de novembro, conxugaronse en apenas 2 horas unha serie de ingredientes polos que levamos loitando algúns anos: festa, convivencia, deporte ... e sobre todo INTEGRACIÓN, con maiúsculas. O Instituto e o San Xerome celebrabamos "deportivamente" o noso 25 cumpleanos, e penso que nin na Sangriña nin na rua Galicia, podiamos imaxinar fai 25 anos que as distancias sociais e deportivas entre os nosos alumnos/as, poderían acercarse tanto.
Hai detrás un intenso traballo, e sobre todo o empeño de Amalio Verd en sacar adiante o seu proxecto normalizador.
Onte demostrouse, que David marca goles, pero necesita a aportación da intelixencia no campo de Saúl, Sergio ... Na vida diaria pasa o mesmo, polo que o "experimento deportivo" do dia 14 temos que trasladalo a outros ámbitos. Os goles da integración, as xogadas en contra das barreiras sociais ... fixeron tambalear algúns prexuízos. E non estabamos a soñar!
22/11/2006
MÁIS CINE NA SANGRIÑA

Dentro das actividades programadas para a conmemoración do 25 aniversario do Instituto e con motivo dos actos previstos para a Recuperación da Memoria Histórica prográmanse estas tres películas:
O 22 de novembro ás 20:30 TIERRA Y LIBERTAD
O 29 de novembro ás 20:30 EL VERDUGO
O 13 de decembro ás 20:30 SILENCIO ROTO
Podes baixarche unha ficha das películas facendo clik neste enlace .
25/11/2006
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

27/11/2006
MUSEO VIRTUAL EN 25ANOSNASANGRINA
Cando se fai click neste enlace accédese a un museo virtual no que se expoñen as fotografías dalgunhas das actividades que se están realizando con motivo do 25 aniversario. Navegar é fácil: para desprazarse polo museo úsanse as flechas de dirección; para cambiar o centro de rotación as letras X e Z.
Cada vez que se vexa un triángulo, pinchando sobre él, poderase acceder a algún sitio distinto do museo, ou se poderá realizar algunha acción concreta.
Nalgunhas paredes invítase a participar con algún comentario; o que hai que facer é pinchar no triángulo para acceder.
Cando se entra no museo podemos falar coa xente que estea nel ao mesmo tempo que nós, aínda que estea noutro ordenador.
Que o pasedes ben na visita.

