Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2006.
01/10/2006
75 ANIVERSARIO DO VOTO FEMININO EN ESPAÑA

O BLOG DE ZAVIESMA

Blog dun grupo de alumnos do I.E.S. A Sangriña da Garda que eles definen así:
O Galego na Rede
Esta páxina esta creada por alumnos de 1º de BAC do IES A Sangriña (A Guarda. É unha páxina sobre o noso idioma con matices de humor e uns contidos interesantes....)
Deixo un acceso permanente na sección de enlaces.
05/10/2006
1981 A LIGA DE FÚTBOL

A liga terminou este ano coa vitoria da Real Sociedade. O segundo foi o Barcelona e o terceiro o Real Madrid.
Ocupando a parte baixa da táboa quedaron, en último lugar o Castellón e por diante del o Cádiz e o Hércules de Alacante.
Se queres ver a clasificación completa dese ano, así como os datos dos equipos que conformaron ese ano a primeira, podes pinchar aquí.
08/10/2006
1981 PARLAMENTO GALEGO

Este ano tamén conmemora o seu 25 aniversario o Parlamento Galego. Dolores Vilariño danos a benvida:
O Parlamento de Galicia conmemora 25 anos de vida, un cuarto de século de traballo e representación da sociedade. Esta é unha boa ocasión para lle achegar a institución á cidadanía, para conseguir un nexo entre o parlamento e a sociedade; unha boa ocasión para converter o parlamento nunha fábrica de valores cívicos.
A miúdo, o aniversario das institucións acábase convertendo nun acontecemento que carece de interese para a cidadanía. Un acontecemento que se basea na produción de libros, documentos e eventos de carácter historicista non atende as demandas desa cidadanía. Daquela, este tipo de celebracións vén reclamando novos modos que contribúan ao interese e participación dos cidadáns.
A celebración dos 25 anos do Parlamento é unha boa oportunidade para lle propor á sociedade , aos cidadáns e aos propios representantes políticos un valor, un concepto-forza que una o pobo coas institucións e que convirta este aniversario nun servizo público de calidade democrática. Este valor, xunto con toda unha campaña de accións , contribuirán a converter o Parlamento de Galicia nunha institución viva.
O DIÁLOGO é o concepto clave da celebración. O DIÁLOGO implica compromiso, respecto, confianza, aprecio e esperanza entre os seus participantes. O DIÁLOGO é unha ferramenta clave no progreso e desenvolvemento dos pobos.
Convirtamos a celebración dos 25 primeiros anos do Parlamento de Galicia nun grande acontecemento colectivo que reforce un dos valores máis prezados e desexados pola cidadanía: O DIÁLOGO .
10/10/2006
ACTIVIDADES PARA O 25 ANIVERSARIO
Marisa Guerra envíame a enquisa que se entregou aos alumnos para que votasen polas súas actividades favoritas. Podedes acceder á enquisa desde aquí .
11/10/2006
CAMISETAS PARA UNHA CELEBRACIÓN

Os modelos podédelos ver aquí .
16/10/2006
SEMANA MUNDIAL CONTRA A POBREZA
Se pinchas na imaxe terás máis información sobre esta campaña. Se pinchas aquí poderás acceder a un directorio de ONGs en España.
18/10/2006
COMEZAN OS OBRADOIROS
CINE NO I.E.S.


O día 31 de outubro proxectarase "Dersu Uzala" e o 8 de novembro "Bakara" .
As sesións de cine comezarán ás 19:30 horas e estarán coordinadas por Fernanda Orduña, que dará continuidade á actividade durante todo o curso.
21/10/2006
1981 O CINE QUE VIAMOS
Este ano estreáronse moitas películas; entre as españolas destacamos "El crack", "La crónica del alba" ou "La fuga de Segovia". Estamos nos anos nos que Pajares e Esteso triunfan nas nosas pantallas. En canto ao resto do panorama podemos facernos unha idea das estreas do ano facendo click aquí . Os Oscar do 81 foron...24/10/2006
O BOLETÍN
25/10/2006
DAN COMEZO OS OBRADOIROS
Fai uns días comezou a funcionar o obradoiro de "Iniciación á escultura" dirixido polo escultor Daniel Alonso.
Tamén están comezando a desenvolverse o de "Teatro", o de "Danza moderna" e o de "Clown"
RECORDAMOS QUE HOXE COMEZA O CICLO DE CINE E NATUREZA. Aínda que as cadeiras do noso salón de actos non son moi cómodas merece a pena a asistencia pola gran calidade das películas programadas .



