Se muestran los artículos pertenecientes al tema acontecementos.

07/03/2007

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

20070307235335-dia-muller-forges.gif

Forges

 

07/03/2007 23:47 Autor: 25anosnasangrina. #. Tema: acontecementos No hay comentarios. Comentar.

19/11/2006

1981-2006 TAMÉN CUMPRE 25 ANOS SAN XEROME EMILIANI

20061118194211-portada.gif

Algúns anos antes de 1981 xa se comezaron as primeiras actuacións necesarias para que San Xeróme Emiliani dese os seus primeiros pasos reais. Nos anos 77, 78, 79 e 80 aprobáronse os estatutos da Asociación, noméase Presidente, etc., ata que o 1 de febreiro de 1981 inícianse as actividades da Asociación.
A partir de aí, todo traballo, ata chegar ao que hoxe é SAN XEROME EMILIANI .
O martes 14 de novembro do presente ano celebrouse un partido de futbol (e algo máis) co que puidemos ver que o proxecto de integración funciona moi ben.


Chégame esta nota de Carlos González Blanco:

 

TORNEO 25 ANIVERSARIO IES-SAN XEROME: GANAMOS TODOS/AS!

O pasado martes dia 14 de novembro, conxugaronse en apenas 2 horas unha serie de ingredientes polos que levamos loitando algúns anos: festa, convivencia, deporte ... e sobre todo INTEGRACIÓN, con maiúsculas. O Instituto e o San Xerome celebrabamos "deportivamente" o noso 25 cumpleanos, e penso que nin na Sangriña nin na rua Galicia, podiamos imaxinar fai 25 anos que as distancias sociais e deportivas entre os nosos alumnos/as, poderían acercarse tanto.
Hai detrás un intenso traballo, e sobre todo o empeño de Amalio Verd en sacar adiante o seu proxecto normalizador.

Onte demostrouse, que David marca goles, pero necesita a aportación da intelixencia no campo de Saúl, Sergio ... Na vida diaria pasa o mesmo, polo que o "experimento deportivo" do dia 14 temos que trasladalo a outros ámbitos. Os goles da integración, as xogadas en contra das barreiras sociais ... fixeron tambalear algúns prexuízos. E non estabamos a soñar!

 

19/11/2006 01:27 Autor: 25anosnasangrina. #. Tema: acontecementos Hay 1 comentario.

16/11/2006

SAÍDA Á VALGA Á PROCURA DE COGOMELOS


 

Dentro das actividades previstas para a celebración do 25 aniversario do Instituto realizouse unha saída ao monte para buscar cogumelos. Marisa Guerra envíame a seguinte información:

 

O día 7 de novembro fomos recoller cogomelos á valga un grupo de profesores e alumnos. Seguindo as indicacións dos nosos especialistas: Víctor Gómez, Manuel Vidal, Juan Hermida e María José Dacosta puidemos observar curiosísimos e variados cogomelos ademais de fermosas paisaxes; un impresionante ceo de outono que nos regalou un arco da vella como fondo da nosa foto de grupo. Tamén tivemos a sorte de coñecer e aprender “cousas da vida” do Trinta, cabaqueiro do Rosal, que nos acompañou nesta ocasión. Viñemos ben contentiños.

Logo os especialistas expuxeron os nosos achados con moita arte. Quedounos pena de non organizar unha actividade de cociña de cogomelos. En fin, a próxima vez será.


 

 

 

16/11/2006 23:58 Autor: 25anosnasangrina. #. Tema: acontecementos No hay comentarios. Comentar.

07/11/2006

OBRADOIRO DE CLOWN

20061107001119-bobbykayepeq.jpg

Xa se celebrou o obradoiro de clown con gran éxito de participación. Para finalizar realizouse unha función ao a que asistiu bastante xente que o pasou moi ben. Mostra da función final son as imaxes que se expoñen a continuación.

 

07/11/2006 00:11 Autor: 25anosnasangrina. #. Tema: acontecementos No hay comentarios. Comentar.

05/11/2006

25 ANOS DIMINUÍNDO DIFERENZAS: "AYUDA EN ACCIÓN"

20061105001027-logoaaparablog.gif

En 2006, Axuda en Acción conmemora os 25 anos de traballo coas comunidades máis desfavorecidas reafirmando a súa aposta por diminuír as diferenzas entre as persoas do Norte e o Sur a través do vínculo representado pola figura do apadrinamiento.

 

 


 

05/11/2006 00:25 Autor: 25anosnasangrina. #. Tema: acontecementos No hay comentarios. Comentar.

02/11/2006

25 ANOS DO PC DE IBM

20061102174721-ordenador.gifNo 81 IBM lanzou o seu primeiro PC. Aquí podemos atopar os recordos dunha serie de persoas con respecto a este lanzamento. Os primeiros pasos que nos permiten manter fácilmente, entre outros, este blog.
02/11/2006 18:04 Autor: 25anosnasangrina. #. Tema: acontecementos No hay comentarios. Comentar.

25/10/2006

DAN COMEZO OS OBRADOIROS

Fai uns días comezou a funcionar o obradoiro de "Iniciación á escultura" dirixido polo escultor Daniel Alonso.
Tamén están comezando a desenvolverse o de "Teatro", o de "Danza moderna" e o de "Clown"
RECORDAMOS QUE HOXE COMEZA O CICLO DE CINE E NATUREZA. Aínda que as cadeiras do noso salón de actos non son moi cómodas merece a pena a asistencia pola gran calidade das películas programadas .


25/10/2006 09:36 Autor: 25anosnasangrina. #. Tema: acontecementos No hay comentarios. Comentar.

18/10/2006

COMEZAN OS OBRADOIROS

A partir do próximo día 24 comezan algúns dos obradoiros que se irán ofrecendo ao longo deste curso. Se queres máis información de cada un deles pincha no enlace correspondente.
18/10/2006 17:05 Autor: 25anosnasangrina. #. Tema: acontecementos No hay comentarios. Comentar.

08/10/2006

1981 PARLAMENTO GALEGO

20061008230947-aniversario-parlamento-galego.jpg

Este ano tamén conmemora o seu 25 aniversario o Parlamento Galego. Dolores Vilariño danos a benvida:

 

O Parlamento de Galicia conmemora 25 anos de vida, un cuarto de século de traballo e representación da sociedade. Esta é unha boa ocasión para lle achegar a institución á cidadanía, para conseguir un nexo entre o parlamento e a sociedade; unha boa ocasión para converter o parlamento nunha fábrica de valores cívicos.

A miúdo, o aniversario das institucións acábase convertendo nun acontecemento que carece de interese para a cidadanía. Un acontecemento que se basea na produción de libros, documentos e eventos de carácter historicista non atende as demandas desa cidadanía. Daquela, este tipo de celebracións vén reclamando novos modos que contribúan ao interese e participación dos cidadáns.

A celebración dos 25 anos do Parlamento é unha boa oportunidade para lle propor á sociedade , aos cidadáns e aos propios representantes políticos un valor, un concepto-forza que una o pobo coas institucións e que convirta este aniversario nun servizo público de calidade democrática. Este valor, xunto con toda unha campaña de accións , contribuirán a converter o Parlamento de Galicia nunha institución viva.

O DIÁLOGO é o concepto clave da celebración. O DIÁLOGO implica compromiso, respecto, confianza, aprecio e esperanza entre os seus participantes. O DIÁLOGO é unha ferramenta clave no progreso e desenvolvemento dos pobos.

Convirtamos a celebración dos 25 primeiros anos do Parlamento de Galicia nun grande acontecemento colectivo que reforce un dos valores máis prezados e desexados pola cidadanía: O DIÁLOGO .

08/10/2006 23:26 Autor: 25anosnasangrina. #. Tema: acontecementos No hay comentarios. Comentar.

01/10/2006

75 ANIVERSARIO DO VOTO FEMININO EN ESPAÑA

20061001224955-recorte.php.jpg
01/10/2006 22:49 Autor: 25anosnasangrina. #. Tema: acontecementos No hay comentarios. Comentar.

28/09/2006

1981 PREMIOS PRÍNCIPE DE ASTURIAS

20060928104811-premios-principe-asturias.jpg

 

Este ano créanse os Premios Príncipe de Asturias , cos que se quere recoñecer o traballo realizado por persoas ou organizacións en diferentes categorías. En concreto, este ano as categorías son seis e os premiados son:

Artes - Jesús López Cobos
Ciencias Sociais - Román Perpiñá Grau
Comunicación e Humanidades - María Zambrano Alarcón
Cooperación Internacional - José López Portillo
Investigación Científica e Técnica - Alberto Sols García
Letras - José Ferro Real

Na actualidade as categorías son oito, xa se engadiron os deportes e a concordia.

Podedes atopar todos os galardonados en cada categoría pinchando nos seguintes enlaces: Artes, Ciencias Sociais, Comunicación e Humanidades, Cooperación Internacional, Investigación Científica e Técnica, Letras, Deportes e Concordia

28/09/2006 11:11 Autor: 25anosnasangrina. #. Tema: acontecementos No hay comentarios. Comentar.

25/09/2006

1981 ESCENARIO POLÍTICO

20060925173819-gernica.jpg

O ano 1981, no que ó escenario político refírese, foi un dos anos máis intensos que se recordan desde a nova etapa democrática.
En 1976 o Rei nomeara Presidente do Goberno a Adolfo Suárez para que fose el o encargado de dirixir o proceso de transición. Esta etapa estivo cargada de situacións tensas como a legalización do Partido Comunista e a volta a España de Santiago Carrillo en 1977, produciuse a Matanza de Atocha (múltiple asasinato realizado pola extrema dereita española nun despacho de avogados laboralistas), ETA continuaba asasinando, etc.
O exercito non se atopaba cómodo na nova situación e algúns dos seus mandos presentaron a súa dimisión irrevocable, como o Almirante Pita dá Veiga, Ministro Mariña desde os tempos de Franco. Non resultaba fácil para Suárez substituír ós dimisionarios.
No 1977, o 15 de xuño prodúcense as primeiras eleccións democráticas, que as gana Adolfo Suárez.
Son anos de gran actividade política: Os pactos da Mocloa , A Constitución Española, o inicio do proceso autonómico, o terrorismo, a fallida operación Galaxia (intentona golpista do 78) etc.
Con estes precedentes chegamos ó ano que nos interesa, que foi un ano cunha carga política na liña dos anteriores e cheo de acontecementos relevantes de todo tipo:
Dimisión do presidente do goberno Adolfo Suárez en xaneiro.
Golpe de estado en febreiro
Nomeamento do novo presidente de goberno Leopoldo Calvo Sotelo.
Caso Almería o 10 de maio.
En maio, o primeiro morto por intoxicación con aceite de colza .
E como exemplo de boa noticia, O Gernica de Picasso regresou a España logo de 44 anos e expúxose no Casón do Bo Retiro en Madrid.

continuará...

 




25/09/2006 17:39 Autor: 25anosnasangrina. #. Tema: acontecementos No hay comentarios. Comentar.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]