Se muestran los artículos pertenecientes al tema proxectos.

13/01/2007

ABRINDO FRONTEIRAS: PREMIO VALORA

20070113015050-2007-01-18-img-2007-01-11-02.50.11-48-edrenr-11012007.jpgO I.E.S. A Sangriña de A Garda en Pontevedra conseguiu un dos premios convocados polo Plan Valora ; isto permítenos desenvolver un proxecto de interculturalidade con Senegal , de forma que os nosos alumnos, nós mesmos e os alumnos e profesores senegaleses participantes coñezamos unha realidade distinta á nosa, distante e á vez tan próxima. Fai unha datas informouse neste mesmo sitio do inicio deste proxecto cando aínda atopábase nos seus inicios. Seguiremos informando.
13/01/2007 01:51 Autor: 25anosnasangrina. #. Tema: proxectos Hay 1 comentario.

07/11/2006

PROXECTO

20061107233208-11596330001874-copia.gifO 30 de setembro publiquei neste blog unha referencia a un proxecto que comezaba a andar no I.E.S. A Sangriña de A Guarda co nome de ABRINDO FRONTEIRAS. O que nesas datas era prácticamente un esquema de traballo foise convertendo co paso do tempo nun proxecto que se realizará desde un grupo de traballo ou desde dentro do plan Valora. Para velo pincha aquí .
O que está asegurada é a participación de profesores e alumnos dos dous países.
Seguiremos informando...
07/11/2006 23:32 Autor: 25anosnasangrina. #. Tema: proxectos No hay comentarios. Comentar.

30/09/2006

ABRINDO FRONTEIRAS

20060930184427-senegal.jpg
Free Image Hosting

 

Desde o I.E.S. A Sangriña ponse en marcha un proxecto de intercambio cultural con Senegal co obxectivo de coñecer e dar a coñecer un dos pobos dos que provén a maior parte da inmigración que está chegando ás nosas costas.

Juan Hermida, que é un dos profesores implicados no proxecto de intercambio cultural "ABRINDO FRONTEIRAS", promotor da idea e coordinador dos traballos, envíame este enlace , no que encontamos unha primeira declaración de intencións con respecto ao proxecto. O sitio está comezando a andar pero se irá enchendo de contidos segundo avance o curso e o desenvolvemento do proxecto

30/09/2006 18:43 Autor: 25anosnasangrina. #. Tema: proxectos Hay 3 comentarios.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]