Blogia
25anosnasangrina

UN LOGO PARA UNHA CELEBRACIÓN

UN LOGO PARA UNHA CELEBRACIÓN
Este ano estamos de celebración no I.E.S. A Sangriña de A Garda. Como imaxe representativa deste aniversario deseñouse o logotipo que vos presentamos no primeiro artigo deste blog, tamén creado para informar sobre os actos conmemorativos que se realicen ao longo deste curso, para recordar cómo vivíamos en 1981, para traer á memoria algúns acontecementos que foron cambiando a nosa forma de vida, etc.
Esperamos que o blog sirva para ter toda a información que se xere este curso/aniversario, para a participación de todos os que queiran comentar as noticias que se publiquen e para que todos os que queiran dicir algo relacionado cos 25 anos da Sangriña poidan facelo.

2 comentarios

Marisa Gherra -

Graciñas Vicente pola iniciativa e pola celeridade. Empezamos ben, con ghanas e con forza. Hoxe disfrutamos dun concerto de "luxo" de Tino Baz e puxemos a pancarta. Comeza a festa!!!

Carlos Santos -

Parabéns pola iniciativa. Seguireivos dende o meu recolledor de sementes ;)
Saúdos