MOSTRA DE TEATRO DO BAIXO MIÑO
O día 26 de abril terá lugar a presentación da Mostra de Teatro do Baixo Miño no I.E.S. A Sangriña de A Guarda. Dita mostra se celebrará os días 27, 28 e 29 de abril en A Guarda e en Goian.
O día 26 de abril terá lugar a presentación da Mostra de Teatro do Baixo Miño no I.E.S. A Sangriña de A Guarda. Dita mostra se celebrará os días 27, 28 e 29 de abril en A Guarda e en Goian.
25 ANOS NA SANGRIÑA
20 DE MAIO DE 2007
O venres 9 no IES A Sangriña ás 20:30 do serán representarase a obra teatral “O anel máxico” de Goldoni. O grupo teatral encargado desta escenificación é O FIÚNCHO de Goián, que estreou recentemente na súa vila con gran éxito de público. Esta é unha das actividades teatrais promovidas polo Equipo de Normalización Lingüística que pretende lograr a dignificación e aprezo da cultura galega gozando coa arte teatral.
Forges
A partir do xoves 1 de marzo poñerase en marcha no noso IES un obradoiro de blogs dirixido a quen queira iniciarse no mundo das bitácoras.
Co exemplo dalgúns blogs trataremos de definilos para que, unha vez coñecidos, podamos elaborar e manter o noso propio blog.
Tamén coñeceremos algúns aspectos sobre os "marcadores sociais" sobre os "lectores de noticias", elementos de uso básico cando se trata de manter un blog.
O próximo día 2 de febreiro, no I.E.S. A Sangriña terá lugar a representación da obra "E os cans calaban" de Aimé Césaire interpretada polo grupo teatral TEATRO NO ARAMIO.
O único pase terá lugar ás 20:30 horas no salón de actos do instituto.
Para baixar a ficha técnica da obra pinchad aquí .
O proxecto de interculturarlidade Abrindo Fronteiras xa ten blog propio.Podes acceder desde aquí ou desde o apartado de enlaces, onde queda un permanente.
O próximo día 30 conmemórase o DÍA MUNDIAL DA NON VIOLENCIA E A PAZ .
Como actividade de conmemoración deste día e dentro das actividades programadas con motivo do 25 aniversario da creación do Instituto, está programado un ciclo de cine no que se proxectarán os seguintes títulos:
O I.E.S. A Sangriña de A Garda en Pontevedra conseguiu un dos premios convocados polo Plan Valora ; isto permítenos desenvolver un proxecto de interculturalidade con Senegal , de forma que os nosos alumnos, nós mesmos e os alumnos e profesores senegaleses participantes coñezamos unha realidade distinta á nosa, distante e á vez tan próxima. Fai unha datas informouse neste mesmo sitio do inicio deste proxecto cando aínda atopábase nos seus inicios. Seguiremos informando.
Cando se fai click neste enlace accédese a un museo virtual no que se expoñen as fotografías dalgunhas das actividades que se están realizando con motivo do 25 aniversario.
Navegar é fácil: para desprazarse polo museo úsanse as flechas de dirección; para cambiar o centro de rotación as letras X e Z.
Cada vez que se vexa un triángulo, pinchando sobre él, poderase acceder a algún sitio distinto do museo, ou se poderá realizar algunha acción concreta.
Nalgunhas paredes invítase a participar con algún comentario; o que hai que facer é pinchar no triángulo para acceder.
Cando se entra no museo podemos falar coa xente que estea nel ao mesmo tempo que nós, aínda que estea noutro ordenador.
Que o pasedes ben na visita.
Dentro das actividades programadas para a conmemoración do 25 aniversario do Instituto e con motivo dos actos previstos para a Recuperación da Memoria Histórica prográmanse estas tres películas:
O 22 de novembro ás 20:30 TIERRA Y LIBERTAD
O 29 de novembro ás 20:30 EL VERDUGO
O 13 de decembro ás 20:30 SILENCIO ROTO
Podes baixarche unha ficha das películas facendo clik neste enlace .
Algúns anos antes de 1981 xa se comezaron as primeiras actuacións necesarias para que San Xeróme Emiliani dese os seus primeiros pasos reais. Nos anos 77, 78, 79 e 80 aprobáronse os estatutos da Asociación, noméase Presidente, etc., ata que o 1 de febreiro de 1981 inícianse as actividades da Asociación.
A partir de aí, todo traballo, ata chegar ao que hoxe é SAN XEROME EMILIANI .
O martes 14 de novembro do presente ano celebrouse un partido de futbol (e algo máis) co que puidemos ver que o proxecto de integración funciona moi ben.
Chégame esta nota de Carlos González Blanco:
TORNEO 25 ANIVERSARIO IES-SAN XEROME: GANAMOS TODOS/AS!
O pasado martes dia 14 de novembro, conxugaronse en apenas 2 horas unha serie de ingredientes polos que levamos loitando algúns anos: festa, convivencia, deporte ... e sobre todo INTEGRACIÓN, con maiúsculas. O Instituto e o San Xerome celebrabamos "deportivamente" o noso 25 cumpleanos, e penso que nin na Sangriña nin na rua Galicia, podiamos imaxinar fai 25 anos que as distancias sociais e deportivas entre os nosos alumnos/as, poderían acercarse tanto.
Hai detrás un intenso traballo, e sobre todo o empeño de Amalio Verd en sacar adiante o seu proxecto normalizador.
Onte demostrouse, que David marca goles, pero necesita a aportación da intelixencia no campo de Saúl, Sergio ... Na vida diaria pasa o mesmo, polo que o "experimento deportivo" do dia 14 temos que trasladalo a outros ámbitos. Os goles da integración, as xogadas en contra das barreiras sociais ... fixeron tambalear algúns prexuízos. E non estabamos a soñar!
Dentro das actividades previstas para a celebración do 25 aniversario do Instituto realizouse unha saída ao monte para buscar cogumelos. Marisa Guerra envíame a seguinte información:
O día 7 de novembro fomos recoller cogomelos á valga un grupo de profesores e alumnos. Seguindo as indicacións dos nosos especialistas: Víctor Gómez, Manuel Vidal, Juan Hermida e María José Dacosta puidemos observar curiosísimos e variados cogomelos ademais de fermosas paisaxes; un impresionante ceo de outono que nos regalou un arco da vella como fondo da nosa foto de grupo. Tamén tivemos a sorte de coñecer e aprender “cousas da vida” do Trinta, cabaqueiro do Rosal, que nos acompañou nesta ocasión. Viñemos ben contentiños.
Logo os especialistas expuxeron os nosos achados con moita arte. Quedounos pena de non organizar unha actividade de cociña de cogomelos. En fin, a próxima vez será.
Se vos fixades detidamente na foto , veredes que a palabra 25anosnasangrina está escrita con edificios reais que se atopan en diferentes partes do mundo.
Para ver onde se atopan pincha no seguinte enlace .
O 30 de setembro publiquei neste blog unha referencia a un proxecto que comezaba a andar no I.E.S. A Sangriña de A Guarda co nome de ABRINDO FRONTEIRAS. O que nesas datas era prácticamente un esquema de traballo foise convertendo co paso do tempo nun proxecto que se realizará desde un grupo de traballo ou desde dentro do plan Valora. Para velo pincha aquí .
O que está asegurada é a participación de profesores e alumnos dos dous países.
Seguiremos informando...
Xa se celebrou o obradoiro de clown con gran éxito de participación. Para finalizar realizouse unha función ao a que asistiu bastante xente que o pasou moi ben. Mostra da función final son as imaxes que se expoñen a continuación.
En 2006, Axuda en Acción conmemora os 25 anos de traballo coas comunidades máis desfavorecidas reafirmando a súa aposta por diminuír as diferenzas entre as persoas do Norte e o Sur a través do vínculo representado pola figura do apadrinamiento.
No 81 IBM lanzou o seu primeiro PC. Aquí podemos atopar os recordos dunha serie de persoas con respecto a este lanzamento. Os primeiros pasos que nos permiten manter fácilmente, entre outros, este blog.
Fai uns días comezou a funcionar o obradoiro de "Iniciación á escultura" dirixido polo escultor Daniel Alonso.
Tamén están comezando a desenvolverse o de "Teatro", o de "Danza moderna" e o de "Clown"
RECORDAMOS QUE HOXE COMEZA O CICLO DE CINE E NATUREZA. Aínda que as cadeiras do noso salón de actos non son moi cómodas merece a pena a asistencia pola gran calidade das películas programadas .