Blogia

25anosnasangrina

O BOLETÍN

O BOLETÍN

Xa está listo "O Boletín"


Podedes descargalo aquí .

1981 O CINE QUE VIAMOS

1981 O CINE QUE VIAMOS

Este ano estreáronse moitas películas; entre as españolas destacamos "El crack", "La crónica del alba" ou "La fuga de Segovia". Estamos nos anos nos que Pajares e Esteso triunfan nas nosas pantallas. En canto ao resto do panorama podemos facernos unha idea das estreas do ano facendo click aquí . Os Oscar do 81 foron...

CINE NO I.E.S.

CINE NO I.E.S.

Free Image Hosting
 
Dentro das actividades de concienciación de ambiental, iníciase o ciclo de cine e natureza coa proxección da película "O oso" o día 25 de outubro.
O día 31 de outubro proxectarase "Dersu Uzala" e o 8 de novembro "Bakara" .

As sesións de cine comezarán ás 19:30 horas e estarán coordinadas por Fernanda Orduña, que dará continuidade á actividade durante todo o curso.

COMEZAN OS OBRADOIROS

A partir do próximo día 24 comezan algúns dos obradoiros que se irán ofrecendo ao longo deste curso. Se queres máis información de cada un deles pincha no enlace correspondente.

CLOWN , PERCUSIÓN CON BOMBOS , DESEÑO DE CAMISETAS , INICIACIÓN Á ESCULTURA , DANZA TRADICIONAL GALEGA , GAITA , BATERÍA , CONXUNTO INSTRUMENTAL , DANZA MODERNA , TEATRO , PRÓXIMOS OBRADOIROS .

SEMANA MUNDIAL CONTRA A POBREZA

Free Image Hosting

Se pinchas na imaxe terás máis información sobre esta campaña. Se pinchas aquí poderás acceder a un directorio de ONGs en España.

CAMISETAS PARA UNHA CELEBRACIÓN

CAMISETAS PARA UNHA CELEBRACIÓN

Con motivo da celebración do 25 aniversario e para que nos quede un recordo, estanse preparando unhas camisetas que se espera poñeranse á venda a finais de outubro. Manterémosvos informados sobre a data exacta de posta en venda e sobre o prezo.
Os modelos podédelos ver aquí .

ACTIVIDADES PARA O 25 ANIVERSARIO

ACTIVIDADES PARA O 25 ANIVERSARIO

Marisa Guerra envíame a enquisa que se entregou aos alumnos para que votasen polas súas actividades favoritas.
Podedes acceder á enquisa desde aquí .

1981 PARLAMENTO GALEGO

1981 PARLAMENTO GALEGO

Este ano tamén conmemora o seu 25 aniversario o Parlamento Galego. Dolores Vilariño danos a benvida:

 

O Parlamento de Galicia conmemora 25 anos de vida, un cuarto de século de traballo e representación da sociedade. Esta é unha boa ocasión para lle achegar a institución á cidadanía, para conseguir un nexo entre o parlamento e a sociedade; unha boa ocasión para converter o parlamento nunha fábrica de valores cívicos.

A miúdo, o aniversario das institucións acábase convertendo nun acontecemento que carece de interese para a cidadanía. Un acontecemento que se basea na produción de libros, documentos e eventos de carácter historicista non atende as demandas desa cidadanía. Daquela, este tipo de celebracións vén reclamando novos modos que contribúan ao interese e participación dos cidadáns.

A celebración dos 25 anos do Parlamento é unha boa oportunidade para lle propor á sociedade , aos cidadáns e aos propios representantes políticos un valor, un concepto-forza que una o pobo coas institucións e que convirta este aniversario nun servizo público de calidade democrática. Este valor, xunto con toda unha campaña de accións , contribuirán a converter o Parlamento de Galicia nunha institución viva.

O DIÁLOGO é o concepto clave da celebración. O DIÁLOGO implica compromiso, respecto, confianza, aprecio e esperanza entre os seus participantes. O DIÁLOGO é unha ferramenta clave no progreso e desenvolvemento dos pobos.

Convirtamos a celebración dos 25 primeiros anos do Parlamento de Galicia nun grande acontecemento colectivo que reforce un dos valores máis prezados e desexados pola cidadanía: O DIÁLOGO .

1981 A LIGA DE FÚTBOL

1981 A LIGA DE FÚTBOL

A liga terminou este ano coa vitoria da Real Sociedade. O segundo foi o Barcelona e o terceiro o Real Madrid.
Ocupando a parte baixa da táboa quedaron, en último lugar o Castellón e por diante del o Cádiz e o Hércules de Alacante.
Se queres ver a clasificación completa dese ano, así como os datos dos equipos que conformaron ese ano a primeira, podes pinchar aquí.

 

 


 

 

O BLOG DE ZAVIESMA

O BLOG DE ZAVIESMA

 

Blog dun grupo de alumnos do I.E.S. A Sangriña da Garda que eles definen así:

O Galego na Rede

Esta páxina esta creada por alumnos de 1º de BAC do IES A Sangriña (A Guarda. É unha páxina sobre o noso idioma con matices de humor e uns contidos interesantes....)

Deixo un acceso permanente na sección de enlaces.

 

75 ANIVERSARIO DO VOTO FEMININO EN ESPAÑA

75 ANIVERSARIO DO VOTO FEMININO EN ESPAÑA

ABRINDO FRONTEIRAS

ABRINDO FRONTEIRAS

Free Image Hosting

 

Desde o I.E.S. A Sangriña ponse en marcha un proxecto de intercambio cultural con Senegal co obxectivo de coñecer e dar a coñecer un dos pobos dos que provén a maior parte da inmigración que está chegando ás nosas costas.

Juan Hermida, que é un dos profesores implicados no proxecto de intercambio cultural "ABRINDO FRONTEIRAS", promotor da idea e coordinador dos traballos, envíame este enlace , no que encontamos unha primeira declaración de intencións con respecto ao proxecto. O sitio está comezando a andar pero se irá enchendo de contidos segundo avance o curso e o desenvolvemento do proxecto

1981 PREMIOS PRÍNCIPE DE ASTURIAS

1981 PREMIOS PRÍNCIPE DE ASTURIAS

 

Este ano créanse os Premios Príncipe de Asturias , cos que se quere recoñecer o traballo realizado por persoas ou organizacións en diferentes categorías. En concreto, este ano as categorías son seis e os premiados son:

Artes - Jesús López Cobos
Ciencias Sociais - Román Perpiñá Grau
Comunicación e Humanidades - María Zambrano Alarcón
Cooperación Internacional - José López Portillo
Investigación Científica e Técnica - Alberto Sols García
Letras - José Ferro Real

Na actualidade as categorías son oito, xa se engadiron os deportes e a concordia.

Podedes atopar todos os galardonados en cada categoría pinchando nos seguintes enlaces: Artes, Ciencias Sociais, Comunicación e Humanidades, Cooperación Internacional, Investigación Científica e Técnica, Letras, Deportes e Concordia

OUTROS PUNTOS DE INFORMACIÓN NA REDE

OUTROS PUNTOS DE INFORMACIÓN NA REDE

No seguinte enlace podedes atopar información sobre estes 25 anos de historia da garda

1981 ESCENARIO POLÍTICO

1981 ESCENARIO POLÍTICO

O ano 1981, no que ó escenario político refírese, foi un dos anos máis intensos que se recordan desde a nova etapa democrática.
En 1976 o Rei nomeara Presidente do Goberno a Adolfo Suárez para que fose el o encargado de dirixir o proceso de transición. Esta etapa estivo cargada de situacións tensas como a legalización do Partido Comunista e a volta a España de Santiago Carrillo en 1977, produciuse a Matanza de Atocha (múltiple asasinato realizado pola extrema dereita española nun despacho de avogados laboralistas), ETA continuaba asasinando, etc.
O exercito non se atopaba cómodo na nova situación e algúns dos seus mandos presentaron a súa dimisión irrevocable, como o Almirante Pita dá Veiga, Ministro Mariña desde os tempos de Franco. Non resultaba fácil para Suárez substituír ós dimisionarios.
No 1977, o 15 de xuño prodúcense as primeiras eleccións democráticas, que as gana Adolfo Suárez.
Son anos de gran actividade política: Os pactos da Mocloa , A Constitución Española, o inicio do proceso autonómico, o terrorismo, a fallida operación Galaxia (intentona golpista do 78) etc.
Con estes precedentes chegamos ó ano que nos interesa, que foi un ano cunha carga política na liña dos anteriores e cheo de acontecementos relevantes de todo tipo:
Dimisión do presidente do goberno Adolfo Suárez en xaneiro.
Golpe de estado en febreiro
Nomeamento do novo presidente de goberno Leopoldo Calvo Sotelo.
Caso Almería o 10 de maio.
En maio, o primeiro morto por intoxicación con aceite de colza .
E como exemplo de boa noticia, O Gernica de Picasso regresou a España logo de 44 anos e expúxose no Casón do Bo Retiro en Madrid.

continuará...

 




1981 NO CALENDARIO HEBREO 5741-5742

1981 NO CALENDARIO HEBREO 5741-5742

O calendario hebreo é un calendario lunisolar, é dicir, que se basea tanto no ciclo da Terra ao redor do Sol (ano), como no da Lúa ao rodear á Terra (mes). A versión actual, pola que se rexen as festividades xudías, foi concluída polo sabio Hilel II cara ao ano 359. Este calendario baséase nun complexo algoritmo, que permite predecir as datas exactas de lúa nova, así como as distintas estacións do ano, baseándose en cálculos matemáticos e astronómicos, prescindindo desde aquel momento das observacións empíricas de que se valeron ata entón.

Na súa concepción complexa tanto solar como lunar, o calendario hebreo se asemeja ao chinés, sen que se saiba de influencia algunha que teña o un sobre o outro; e tamén ao calendario utilizado polos pobos da península arábiga ata a aparición do Islam, no século VII de Éra cristiá. En cambio, distínguese do calendario gregoriano de amplo uso universal, baseado exclusivamente no ciclo solar-anual; e tamén do que rexe ao mundo musulmán desde Mahoma ata os nosos días, que é puramente lunar.

O calendario hebreo comeza coa Génesis do mundo, que aconteció, segundo a tradición xudía, o día domingo 7 de setembro do ano 3760 adC; data equivalente ao 1 do mes de Tishrei do ano 1. Deste xeito, o ano gregoriano de 2006 equivale ao ano hebreo de 5766, (o cal comezou na segunda metade de 2005). Para converter un ano do calendario gregoriano ao seu correspondente hebreo, basta con sumar ou restar a cifra de 3760 (2006 3760 = 5766); ou ben, sumar ás tres últimas cifras do ano hebreo, 1240 (766 1240 = 2006).

máis información se fas clic neste enlace

1981 ALGO DO QUE ESCOITÁBAMOS

1981 ALGO DO QUE ESCOITÁBAMOS

No que se refire á música que se escoitaba nas emisoras de radio e televisión podemos falar da formación de "Siniestro Total" ou de "Los Secretos", que ese ano compoñían "Déjame".
Bryan Adams publica o seu segundo disco "You Want It You Got It". Bob Dylan publica "Shot of love" e escóitase a Duran Duran, Depeche Mode, Billy Joel, Iron Maiden, Jean-Michel Jarre, Richard Clayderman, etc.
A canción do verán outorgámoslla a María Jesús y su acordeón ¿quen non se acorda de "pajaritos por aquí, pajaritos por allá..."?
En Eurovisión representounos Bacchelli con "Y sólo tú" e colóconos nun triste decimo cuarto posto.
O 9 de febreiro falece o chamado pai do rock, Bill Halley, aos 54 anos de idade.
11 de maio: morre Bob Marley (36 anos).
Os primeiros nas listas de exito en españa foron:
01.- Loquillo y los Intocables - "Esto no es Haway"
02.- Francisco - "Latino"
03.- Antonio Flores - "Pongamos que hablo de Madrid"
04.- Tequila - "Salta"
05.- Ana Belén - "¿Que será?"
06.-Julio Iglesias - "De niña a mujer"
Nas listas de UK e de EEUU estaban:
01.- Bob Marley - "No, woman, no cry"
02.- The Police - "Spirits in the material world"
03.- The Rolling Stones - "Start me up"
04.- Vangelis - Chariots of fire
05.- Phil Collins - In the air tonight

Continuará...

UN LOGO PARA UNHA CELEBRACIÓN

UN LOGO PARA UNHA CELEBRACIÓN

Este ano estamos de celebración no I.E.S. A Sangriña de A Garda. Como imaxe representativa deste aniversario deseñouse o logotipo que vos presentamos no primeiro artigo deste blog, tamén creado para informar sobre os actos conmemorativos que se realicen ao longo deste curso, para recordar cómo vivíamos en 1981, para traer á memoria algúns acontecementos que foron cambiando a nosa forma de vida, etc.
Esperamos que o blog sirva para ter toda a información que se xere este curso/aniversario, para a participación de todos os que queiran comentar as noticias que se publiquen e para que todos os que queiran dicir algo relacionado cos 25 anos da Sangriña poidan facelo.