Blogia
25anosnasangrina

proxectos

ABRINDO FRONTEIRAS: PREMIO VALORA

ABRINDO FRONTEIRAS: PREMIO VALORA O I.E.S. A Sangriña de A Garda en Pontevedra conseguiu un dos premios convocados polo Plan Valora ; isto permítenos desenvolver un proxecto de interculturalidade con Senegal , de forma que os nosos alumnos, nós mesmos e os alumnos e profesores senegaleses participantes coñezamos unha realidade distinta á nosa, distante e á vez tan próxima. Fai unha datas informouse neste mesmo sitio do inicio deste proxecto cando aínda atopábase nos seus inicios. Seguiremos informando.

PROXECTO

PROXECTO O 30 de setembro publiquei neste blog unha referencia a un proxecto que comezaba a andar no I.E.S. A Sangriña de A Guarda co nome de ABRINDO FRONTEIRAS. O que nesas datas era prácticamente un esquema de traballo foise convertendo co paso do tempo nun proxecto que se realizará desde un grupo de traballo ou desde dentro do plan Valora. Para velo pincha aquí .
O que está asegurada é a participación de profesores e alumnos dos dous países.
Seguiremos informando...

ABRINDO FRONTEIRAS

ABRINDO FRONTEIRAS
Free Image Hosting

 

Desde o I.E.S. A Sangriña ponse en marcha un proxecto de intercambio cultural con Senegal co obxectivo de coñecer e dar a coñecer un dos pobos dos que provén a maior parte da inmigración que está chegando ás nosas costas.

Juan Hermida, que é un dos profesores implicados no proxecto de intercambio cultural "ABRINDO FRONTEIRAS", promotor da idea e coordinador dos traballos, envíame este enlace , no que encontamos unha primeira declaración de intencións con respecto ao proxecto. O sitio está comezando a andar pero se irá enchendo de contidos segundo avance o curso e o desenvolvemento do proxecto