MUSEO VIRTUAL EN 25ANOSNASANGRINA
Cando se fai click neste enlace accédese a un museo virtual no que se expoñen as fotografías dalgunhas das actividades que se están realizando con motivo do 25 aniversario. Navegar é fácil: para desprazarse polo museo úsanse as flechas de dirección; para cambiar o centro de rotación as letras X e Z.
Cada vez que se vexa un triángulo, pinchando sobre él, poderase acceder a algún sitio distinto do museo, ou se poderá realizar algunha acción concreta.
Nalgunhas paredes invítase a participar con algún comentario; o que hai que facer é pinchar no triángulo para acceder.
Cando se entra no museo podemos falar coa xente que estea nel ao mesmo tempo que nós, aínda que estea noutro ordenador.
Que o pasedes ben na visita.
Se vos fixades detidamente na foto , veredes que a palabra 25anosnasangrina está escrita con edificios reais que se atopan en diferentes partes do mundo.

Marisa Guerra envíame a enquisa que se entregou aos alumnos para que votasen polas súas actividades favoritas.
No seguinte