MOSTRA DE TEATRO DO BAIXO MIÑO

O día 26 de abril terá lugar a presentación da Mostra de Teatro do Baixo Miño no I.E.S. A Sangriña de A Guarda. Dita mostra se celebrará os días 27, 28 e 29 de abril en A Guarda e en Goian.
XA TEMOS DATA PARA A FESTA DO 25 ANIVERSARIO

25 ANOS NA SANGRIÑA
20 DE MAIO DE 2007
TEATRO NO IES
O venres 9 no IES A Sangriña ás 20:30 do serán representarase a obra teatral “O anel máxico” de Goldoni. O grupo teatral encargado desta escenificación é O FIÚNCHO de Goián, que estreou recentemente na súa vila con gran éxito de público. Esta é unha das actividades teatrais promovidas polo Equipo de Normalización Lingüística que pretende lograr a dignificación e aprezo da cultura galega gozando coa arte teatral.
OBRADOIRO DE BLOGS
A partir do xoves 1 de marzo poñerase en marcha no noso IES un obradoiro de blogs dirixido a quen queira iniciarse no mundo das bitácoras. Co exemplo dalgúns blogs trataremos de definilos para que, unha vez coñecidos, podamos elaborar e manter o noso propio blog.
Tamén coñeceremos algúns aspectos sobre os "marcadores sociais" sobre os "lectores de noticias", elementos de uso básico cando se trata de manter un blog.
TEATRO NO I.E.S.

O próximo día 2 de febreiro, no I.E.S. A Sangriña terá lugar a representación da obra "E os cans calaban" de Aimé Césaire interpretada polo grupo teatral TEATRO NO ARAMIO.
O único pase terá lugar ás 20:30 horas no salón de actos do instituto.
Para baixar a ficha técnica da obra pinchad aquí .
NOVO SITIO PARA ABRINDO FRONTEIRAS

O proxecto de interculturarlidade Abrindo Fronteiras xa ten blog propio.Podes acceder desde aquí ou desde o apartado de enlaces, onde queda un permanente.
DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E A PAZ. CINE
O próximo día 30 conmemórase o DÍA MUNDIAL DA NON VIOLENCIA E A PAZ .Como actividade de conmemoración deste día e dentro das actividades programadas con motivo do 25 aniversario da creación do Instituto, está programado un ciclo de cine no que se proxectarán os seguintes títulos:
ABRINDO FRONTEIRAS: PREMIO VALORA
O I.E.S. A Sangriña de A Garda en Pontevedra conseguiu un dos premios convocados polo Plan Valora ; isto permítenos desenvolver un proxecto de interculturalidade con Senegal , de forma que os nosos alumnos, nós mesmos e os alumnos e profesores senegaleses participantes coñezamos unha realidade distinta á nosa, distante e á vez tan próxima. Fai unha datas informouse neste mesmo sitio do inicio deste proxecto cando aínda atopábase nos seus inicios. Seguiremos informando.MUSEO VIRTUAL EN 25ANOSNASANGRINA
Cando se fai click neste enlace accédese a un museo virtual no que se expoñen as fotografías dalgunhas das actividades que se están realizando con motivo do 25 aniversario. Navegar é fácil: para desprazarse polo museo úsanse as flechas de dirección; para cambiar o centro de rotación as letras X e Z.
Cada vez que se vexa un triángulo, pinchando sobre él, poderase acceder a algún sitio distinto do museo, ou se poderá realizar algunha acción concreta.
Nalgunhas paredes invítase a participar con algún comentario; o que hai que facer é pinchar no triángulo para acceder.
Cando se entra no museo podemos falar coa xente que estea nel ao mesmo tempo que nós, aínda que estea noutro ordenador.
Que o pasedes ben na visita.

